Noticias

As asociacións veciñais de Bande implicaranse na limpeza de biomasa

A Xunta de Galicia aposta pola colaboración cidadá na limpeza e xestión da biomasa como ferramenta para previr os incendios forestais.

O delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo, trasladou esta mensaxe durante a entrega de material a varias asociacións veciñais de Bande, acompañado pola alcaldesa, Sandra Quintas.

As asociacións veciñais de Bande implicaranse na limpeza de biomasa

A iniciativa enmárcase no convenio que a Consellería do Medio Rural mantén coa empresa pública Seaga para facilitar ás administracións locais e aos propietarios o cumprimento das obrigas de limpeza das faixas secundarias. En Ourense están adheridos a este programa 91 concellos.

As asociacións veciñais de Bande implicaranse na limpeza de biomasa
Foto: Delegación da Xunta.

Pardo lembrou que a limpeza destas faixas corresponde aos particulares e que, se non cumpren, os concellos deben actuar de xeito subsidiario, segundo establece a Lei de incendios.

As asociacións veciñais de Bande realizarán tarefas de limpeza de camiños e accesos a vivendas e parcelas, eliminación de matogueiras e maleza, mantemento de espazos verdes e acondicionamento de zonas comúns próximas aos núcleos de poboación.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba