Noticias

A Xunta inviste máis de 33.000 euros nunha senda peonil en Laza

A Xunta de Galicia investiu máis de 33.000 euros na construción dunha senda peonil na estrada OU-112, entre Laza e Cerdedelo, co obxectivo de mellorar a seguridade dos desprazamentos a pé.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá a actuación acompañado do alcalde de Laza, José Ramón Barreal, para comprobar o resultado dos traballos executados pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A Xunta inviste máis de 33.000 euros nunha senda peonil en Laza

A intervención consistiu na construción dunha senda de formigón de aproximadamente 350 metros de lonxitude e dous metros de ancho. As obras incluíron a escavación e preparación do terreo, a instalación de xuntas de dilatación, dúas arquetas e a recolocación da sinalización afectada.

A Xunta inviste máis de 33.000 euros nunha senda peonil en Laza
Foto: Delegación da Xunta.

Manuel Pardo destacou que estas actuacións permiten avanzar cara a unha mobilidade máis segura e sostible, especialmente para os peóns, considerados os usuarios máis vulnerables das estradas.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba