O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, trasladou o apoio do Goberno galego a Aspamadis para favorecer a integración social e laboral das persoas con discapacidade intelectual.
Pardo mantivo unha reunión na Delegación Territorial co presidente da Asociación de Pais e Nais de Discapacitados Intelectuais, Manuel Martín, na que abordaron os proxectos de futuro da entidade.
A Xunta ofrece colaboración a Aspamadis para impulsar a integración laboral
O encontro centrouse nas iniciativas para facilitar o acceso dos seus fillos ao mercado laboral, mediante ferramentas que lles permitan mellorar as súas oportunidades de emprego. A Xunta comprometeu a súa colaboración co traballo que Aspamadis desenvolve na provincia de Ourense.


