Eventos

«Meigas, habelas hainas», un musical sobre a resistencia feminina

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o vindeiro 22 de novembro, ás 19:00 horas, o musical Meigas, habelas hainas, unha historia ambientada nun pobo galego onde a maxia ancestral e a resistencia feminina son protagonistas.

A obra segue a Iria, unha nova bruxa que aínda está descubrindo os seus poderes, e Uxía, filla de mariñeiros, que xunto a outras meigas se enfrontan á hostilidade da veciñanza e ás obsesións do sacerdote Ramón.

«Meigas, habelas hainas», un musical sobre a resistencia feminina

A través de rituais, cancións e números musicais inspirados no teatro, a función aborda a persecución, a amizade, a diversidade e a importancia da memoria colectiva. A proposta reivindica tamén a tradición galega e os vínculos de irmandade entre mulleres.

«Meigas, habelas hainas», un musical sobre a resistencia feminina

O espectáculo está dirixido ao público adulto e representarase en galego.

Botón volver arriba