Eventos

OBK celebrará en Ourense o seu 35º aniversario co “Vértigo Tour”

OBK actuará en Ourense o vindeiro 9 de maio cun concerto no Auditorio Municipal de Ourense, dentro da súa xira Vértigo Tour, coa que celebra os seus 35 anos de carreira.

A cita comezará ás 21:00 h.

OBK celebrará en Ourense o seu 35º aniversario co “Vértigo Tour”

A formación liderada por Jordi Sánchez chega á cidade tras iniciar unha xira que está a colgar o cartel de completo en varias localidades. O público poderá revivir grandes éxitos como Historias de amor, El cielo no entiende ou Falsa moral, ademais de descubrir os temas do seu novo disco, Vértigo, o primeiro con material inédito en doce anos.

Con máis de tres décadas sobre os escenarios e millóns de discos vendidos, OBK continúa sendo unha das referencias da música electrónica en España.

Botón volver arriba