Noticias

Noa Presas reclama impulsar Valdeorras desde o Congreso

A candidata do BNG denuncia o abandono das infraestruturas da comarca e pon como exemplo o illamento de San Vicente de Leira.

A candidata do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, defendeu en Valdeorras a consecución do primeiro escano nacionalista pola provincia nas eleccións do 29N. Acompañada por Xavier Rocha e María G. Albert, alcaldesa da Rúa, criticou décadas de abandono das infraestruturas viarias e ferroviarias.

Noa Presas reclama impulsar Valdeorras desde o Congreso

Presas situou entre as prioridades a mellora integral da N-120 e a recuperación dos servizos ferroviarios, con máis frecuencias, horarios e atención presencial.

Noa Presas reclama impulsar Valdeorras desde o Congreso
Foto: BNG

Críticas polo illamento de San Vicente de Leira

A candidata tamén denunciou a situación de San Vicente de Leira tras a rotura da ponte da estrada OU-0807, que atribuíu á falta de actuación da Xunta despois dos incendios de 2025.

Segundo os datos achegados por Presas, o Goberno galego executou 12 dos 76 millóns de euros destinados á prevención de incendios e 309.000 dos oito millóns previstos para restauración forestal.

Botón volver arriba