Noticias

O PSdeG destaca o investimento na senda do Sampil

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca os 691.000 euros investidos na primeira fase da senda fluvial do río Sampil, en Celanova, unha actuación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que recupera un espazo natural e crea un novo recurso de lecer e turismo.

As candidatas socialistas Carmen Rodríguez Dacosta, ao Congreso, e María Fernández Ojea, ao Senado, salientan que os traballos acondicionaron 1,32 quilómetros de itinerario peonil, con pasarelas de madeira, pasos sobre o río e plataformas elevadas.

O PSdeG destaca o investimento na senda do Sampil

O investimento total previsto ascende a 887.178 euros, dos que 675.481 corresponden á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e 211.697 ao Concello. A segunda fase continúa en tramitación e ten como horizonte de execución finais de 2028.

O PSdeG destaca o investimento na senda do Sampil
Foto: PSdG.

As candidatas reivindican esta actuación como exemplo do compromiso do Goberno de Pedro Sánchez co rural e aproveitan para pedir o voto ao PSOE nas eleccións do 29 de novembro.

Botón volver arriba