Eventos

A exposición Common Well estará en xaneiro no Hospital da Trindade

A exposición artística Common Well estará en xaneiro na sala de exposicións do Hospital da Trindade sendo a primeira mostra do ano 2023.

Sócrates Pérez De la Campa e Mayoor Baiju son os artistas responsables das obras expostas nesta exposición. Esculturas, acrílicos e acuarelas serven para establecer pontes entre Galicia e a India.

A exposición Common Well estará en xaneiro no Hospital da Trindade

Xosé Rivada fai unha presentación dos responsables da exposición. En opinión de Ribada, «De la Campa busca un vocabulario formal e simbólico. Os seus trabalhos anticípanse ao contido que evidencian».

Mayoor Baiju, en opinión de Rivada, «abandona unha figuración asociada a un carácter narrativo evidente por unha estruturación geometrizada servida por un traballo de cor austero e contido, e por referencias cifradas que impiden a lectura directa das obras».

A exposición Common Well estará en xaneiro no Hospital da Trindade

A exposición poderá visitarse ata o 31 de xaneiro en horario de 11:30h a 17:30h pasando pola oficina de Turismo de Monterrei.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.