Noticias

A FAPA As Burgas celebra a Asemblea en Valdeorras

A FAPA As Burgas celebra a súa Asemblea en Valdeorras, concretamente no CEIP Julio Gurriarán de O Barco onde será elixida a nova directiva.

Hoxe sábado, 2 de xullo, a Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Centros Públicos de Ourense (FAPA As Burgas) celebra unha asemblea.

A FAPA As Burgas celebra a Asemblea en Valdeorras

Ademais da aprobación das contas, unha reforma dos estatutos estará na orde do día. Esta modificación responde á necesidade de adaptalos ás novidades lexislativas é ás actividades realizadas pola federación. Tamén estará na orde do día a elección da nova directiva. José Antonio Álvarez Caride, actual presidente, optará á reelección acompañado de novas persoas que sumen a favor dun ensino público de calidade.

Escola de Pais e Nais pola Igualdade de Xénero

Na asemblea, os participantes coñecerán algúns dos proxectos que estarán activos a partir de setembro. Un deles é a Escola de Pais e Nais pola Igualdade de Xénero. Esta iniciativa terá lugar entre setembro e novembro en centros de ensino de:

  • Ourense,
  • O Carballiño,
  • Ribadavia,
  • Celanova,
  • Allariz,
  • Maceda,
  • Xinzo de Limia,
  • Verín e
  • O Barco de Valdeorras.

Mediante este programa, a FAPA As Burgas pretende dotar ás familias de ferramentas que lles permitan promover condutas baseadas na Igualdade de Xénero. Dentro desta formación, terá un importante espazo a detección de condutas agresivas e violentas.

Espectáculo Cartoóns

Ás 12:30h, no propio centro Julio Gurriarán, os cómicos Josito Porto e Víctor Mosqueira realizarán unha interpretación do espectáculo Cartoóns. A representación xira sobre a reciclaxe, a natureza e a solidariedade.

A FAPA As Burgas celebra a Asemblea en Valdeorras
Cartel promocional de Cartoóns

Escolares Camiñando en Familia

O programa Escolares Camiñando en Familia terá nesta xornada a súa primeira etapa cunha andaina de 5 quilómetros. A ruta percorrerá unha parte do Camiño de Inverno cerca de O Barco..

Obradoiro de Xogos Populares, coidando as nosas tradicións

Por último, os asistentes á esta xornada organizada pola FAPA As Burgas poderán coñecer o Obradoiro de Xogos Populares, coidando as nosas tradicións. Este programa impulsado pola Federación irá a varios centros educativos no vindeiro curso escolar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba