O concello de A Merca celebra a XI Festa do Porco ó Espeto este sábado, 3 de setembro, coa colaboración da Deputación provincial de Ourense.
Na sede da institución provincial tivo lugar o acto de presentación desta festa gastronómica que ten o seu orixe no século XVII. «Ten as súas orixes en torno ao ano 1620, coa figura dos marrelleiros ou tratantes de porcino», indica Rosendo Fernández, vicepresidente primeiro da Deputación e concelleiro na Merca.
A Merca celebra a Festa do Porco ó Espeto
A asociación Peneda da Lebre organiza esta festa que pretende reunir a 300 comensais no campo da feira da Merca. Rosendo Fernández pon en valor este evento «onde ademais da exaltación dun produto gastronómico de calidade tamén se mesturan a historia e a tradición».