Noticias

A MIT comeza con éxito de público

A MIT de Ribadavia comeza con éxito rotundo de público que encheu as gradas do Castelo para asistir ós primeiros espectáculos da edición de 2023.

O acto de inauguración contou cos espectáculos da artista arxentina Marina Otero e o clown galego Roi Borralas, artista premiado en numerosas ocasións.

A MIT comeza con éxito de público

Nun acto que tivo lugar na Alameda, Luís Álvarez Pousa e Eduardo Alonso recibiron o Premio de Honra pola súa contribución ó desenvolvemento do sector en Galicia. Este acto contou coa asistencia do Director General do INAEM e do Conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

A MIT comeza con éxito de público
Foto: MIT de Ribadavia

Nesta edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia participan dentro da programación actores, actrices e compañías de gran traxectoria xunto a outras de recente creación e que mostran a puxanza dun sector en crecemento. Vórtice Escénico (Premio Xuventude Crea), Alessandra García (Premio MAX) ou Mujer en Obras (compañía de recente creación) son algúns dos exemplos que atoparemos na programación da MIT 2023.

Botón volver arriba