Abre este luns, 26 de setembro, o prazo de inscrición para as actividades infantís que se levarán a cabo nos centros cívicos de Ourense durante o curso 2022/23.
A programación de actividades para alumnado de infantil e primaria nos Centros Cívicos do concello de Ourense comezará o día 1 de outubro.
Abre o prazo de inscrición para as actividades infantís nos centros cívicos de Ourense
As persoas interesadas en anotar ós seus fillos/as nas distintas actividades que se propoñen poderán facelo a partir do luns, 26 de setembro. A inscrición pode realizarse na web www.ssociaiscursos.com e estará aberta ata cubrir prazas.
As actividades realizaranse nos centros cívicos de Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo de luns a venres entre as 17:30h e as 20h para o alumnado de 4º de infantil a 4º de primaria. Os sábados, de 10:30h a 13h, as actividades irán dirixidas a todo o alumnado de infantil e primaria.
A maiores destas actividades, o Centro Cívico de Colón contará un grupo de apoio escolar. Este reforzo educativo está dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO.