Noticias

Actividades de educación e seguridade viaria para escolares

As actividades de educación e seguridade viaria seguirán chegando ós escolares da provincia de Ourense grazas á colaboración entre varias entidades.

A Dirección Xeral de Tráfico e protección civil levan a cabo estas actividades en centros educativos de infantil, primaria e agrupados de toda a provincia.

Actividades de educación e seguridade viaria para escolares

Na presentación do programa para o curso 2024/25 estiveron presentes representantes das entidades participantes así como do Estado e da Xunta de Galicia.

Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense, sinalou que «a educación vial é un referente importante como elemento preventivo para evitar accidentes e lograr comportamentos axeitados na vida adulta, polo que este tipo de programas son unha inversión de futuro e son noticias das que nos sentimos orgullosos de dar como institucións participantes porque teñen un resultado a medio e longo prazo que revirte no benestar do cidadán. A prevención e a educación é mellor que a sanción».

As actividades previstas inclúen nunha mesma xornada un circuíto con material de tráfico, supervisado por protección civil e que os escolares realizan con patinetes ou bicicletas, unha charla sobre algún tema de interese para o centro e unha mostra dos medios utilizados polos servizos de vixilancia e emerxencias.

Actividades de educación e seguridade viaria para escolares
Foto: Subdelegación do Goberno

Durante o curso 2023/24, este programa chegou a preto de 4.000 alumnos de 29 centros da provincia de Ourense. Na presentación do programa estiveron presentes Eladio Santos, subdelegado do Goberno, o xefe provincial de Tráfico en Ourense, David Llorente; o capitán da Garda Civil de Tráfico, Javier Barja; a directora territorial de Presidencia da Xunta, Beatriz Fernández; o xefe do Servizo de Emerxencias, Olivier Reboredo;  o técnico de Emerxencias, Constantino Prado; e a xefa da unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense, Mari Carmen Lodos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.