Eventos

Acto polas Letras Galegas da executiva municipal socialista

O luns, 20 de maio, celebrarase un acto polas Letras Galegas que organiza a executiva municipal socialista do concello de Ourense.

Este acto de homenaxe á escritora Luísa Villalta terá lugar na Biblioteca Nós ás 19h.

Acto polas Letras Galegas da executiva municipal socialista

No acto intervirán Natalia González, secretaria xeral do PSdeG-PSOE da cidade, Cristina Cruz, secretaria de Educación da CEM, Margarida Pizcueta, secretaria da Lingua da CENG e Xoán Carlos Domínguez, escritor e poeta.

Durante esta homenaxe, os asistentes realizarán unha viaxe pola traxectoria de Luísa Villalta Gómez. Poeta, ensaísta, música, narradora e articulista, a súa produción abarcou numerosos campos.

Acto polas Letras Galegas da executiva municipal socialista

Ó remate do acto está prevista a actuación do grupo Ergutío na praza da II República.

Botón volver arriba