Os membros da Xunta de Goberno Local do concello de Ourense adxudican a obra de reforma da piscina termal das Burgas por un importe de 548.923,22 euros.
Con esta inversión, o instalación termal cumprirá a normativa fixada na Lei de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.
Adxudican a obra de reforma da piscina termal das Burgas
A oferta elixida foi a mellor valorada por ofrecer varias vantaxes. A principal é unha redución no prazo de execución das obras que será de 5 meses fronte ós 9 meses previstos. Esta empresa adxudicataria da obra tamén ofrece o mantemento integral das instalacións, un aumento do prazo de garantía, unha sonda paramétrica para controlar os niveis da auga, wifi, control de acceso dos usuarios e un sistema de vídeo vixilancia.