Eventos

Agromadas descubre a obra Cuniupuyara

A Asociación Cultural Agromadas descubre a obra Cuniupuyara este sábado, 25 de xaneiro, nun encontro que organiza o seu club de lectura.

O escritor Justo Calviño estará en Seixalbo para participar neste evento do club de lectura e presentar as súas últimas obras literarias.

Agromadas descubre a obra Cuniupuyara

O Club de Lectura Ao redor dunha bica mantén encontros constantes con escritores que mostran de primeira man os segredos que agochan as obras literarias da súa autoría. Na visita que Justo Calviño realizará este sábado ó local da Asociación Agromadas, os asistentes poderán coñecer ós protagonistas do libro «Os contos do avó» publicado no ano 2022.

Agromadas descubre a obra Cuniupuyara
Club de lectura Ao redor dunha bica

Neste primeiro libro, os nosos protagonistas teñen múltiples vivencias e aventuras nos concellos de Toén, Barbadás ou Vilariño de Conso. Será ó outro lado do Atlántico onde terá lugar a historia narrada en Cuniupuyara.

Neste libro, publicado a finais de 2024, Justo Calviño trata valores como a filantropía, a amizade e a solidariedade. Estes valores están mesturados con asuntos de gran dureza como a antropofaxia, o racismo ou o trato que se deu á poboación indíxena.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.