Noticias

Alertan sobre o caos económico de Ourense

Membros do PSdeG-PSOE de Ourense alertan sobre o caos económico no que se atopa o concello de Ourense na actualidade.

Xestión irregular do actual alcalde e despilfarro de cartos públicos foron os eixes principais da comparecencia que os membros do partido socialistas realizaron na rúa Concordia.

Alertan sobre o caos económico de Ourense

Nesa rúa é onde se está a realizar unhas das obras máis importantes impulsada polo goberno municipal. Natalia González, voceira socialista, indicou que «esta obra é o fiel reflexo do mandato de Jácome». Na súa opinión, este proxecto supón «soterrar cinco millóns de euros nun equipamento que non sabemos se imos poder manter».

Alertan sobre o caos económico de Ourense

Tamén destacou a voceira municipal do PSdeG-PSOE que se están iniciando obras que «non se van poder pagar posto que non hai diñeiro consignado», en referencia ás obras de Avilés de Taramancos e a Alameda do Cruceiro. Denuncia Natalia González que «non se pode enganar á cidadanía mentres se están a baleirar as arcas municipais e se vulnera a transparencia, obstruíndo a labor de fiscalización da oposición».

Botón volver arriba