Noticias

Alta taxa de accidentes laborais en Ourense

Unha alta taxa de accidentes laborais en Ourense supón un dato preocupante que o deputado autonómico Iago Tabarés fixo público.

Ourense rexistrou 1556 accidentes laborais no primeiro semestre de 2023 dos cales 114 (8%) producíronse «in intinere».

Alta taxa de accidentes laborais en Ourense

Este volume de accidentes sitúa á provincia en 235 por cada 100.000 traballadores. Esta cifra é superior á media estatal, situada en 223,8. «Outro dato sorprendente é que a sinistralidade laboral durante o primeiro semestre 2023 en Ourense superou en máis dun 40% á sufrida por Pontevedra en idéntico período» sinalou Iago Tabarés.

Alta taxa de accidentes laborais en Ourense
Iago Tabarés
Foto: BNG

O Deputado nacionalista indica que «queremos coñecer o posicionamento da Xunta de Galiza a este respecto e saber se teñen previsto realizar algún tipo de actuacións tendentes a corrixilo».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.