Entrevistas

Amencer no Camiño con Antonio Luz

Amencer no Camiño é o último videoclip de Antonio Luz. Este ourensán presenta un novo traballo tras os éxitos acadados en 2020. A realidade do camiño a través da música deste artista que promete seguir dando guerra en 2021.

Antonio Luz é un artista comprometido coa súa terra. Non só có seu Sarreaus natal se non co conxunto de Galicia. Éxitos como o seu tema do «Entroido», de 2019, son utilizados en centros educativos para mostrar a variedade que esta festa senlleira ten na nosa provincia.

En 2020, Antonio salta ó panorama nacional có seu tema «Ángeles sin alas» dedicada a tódolos heroes anónimos que loitaron en primeira liña durante o primeiro confinamento. Agora, o Camiño de Santiago é o motor da súa última canción. «Amencer no camiño» mostra a realidade dunha viaxe que semella ser unha lección de vida.

Amencer no Camiño con Antonio Luz
Amencer no Camiño con Antonio Luz

As imaxes do videoclip están rodadas entre Fisterra e Santiago de Compostela. Imaxes do camiño que se complementan con escenas de «El Rincón del peregrino» en Alberguería (Laza).

Amencer no Camiño con Antonio Luz

Pequena entrevista con Antonio Luz para falar do seu último videoclip «Amencer no camiño».

Como xurde ¿Amencer no Camiño?

Estou nun proceso de composición dun disco que vou quitar en galego pero que vou lanzar single a single. É unha forma de que a xente vaia coñecendo as cancións.

Tiña que facer unha canción para o Camiño de Santiago pois estamos en Ano Santo. É unha data importante para toda Galicia pois peregrinan miles de persoas. Pensei en facer un videoclip con varias realidades, os peregrinos, os cabalos e as bicis. Penso que mostra bastante ben o espírito de facer o camiño.

Parece que está tendo unha moi boa acollida.

Eu coido que si. Entendo que é un tema que é moi noso. Tentei que tivera uns arranxos moi modernos para poder conquistar á xente pola canción.

O Ano Santo en Galicia

A canción, ¿é una chamada a descubrir o camiño?

Evidentemente, para tódalas persoas que aínda non o fixeron si.

Chegamos ó ano Xacobeo en plena pandemia.

O horizonte da vacina está aí, hai que pensar que vai funcionar. Ademais, déronnos unha prorroga. Esta vez, o Ano Santo é máis importante ca nunca por que a parte da curación espiritual da xente que peregrina, aínda que non sexas crente, si despois de todo o que pasamos se pode peregrinar, moita xente o vai a gozar e para os hostaleiros vaille vir moi ben.

Acórdome moito da xente da hostalaría por que o están a pasar moi mal.

¿Como se presenta para ti o 2021 a nivel musical?

Estou facendo unha aposta moi forte sobre todo polo galego. Estou aproveitando xunto ó meu equipo (prensa, comunicación, management) para crear contido e tratar de chegar ó maior número de persoas posible para relanzar a carreira sobre todo para Galicia.

¿Está prevista unha xira de concertos este ano?

Si, está prevista en canto teñamos seguridade de que se pode realizar pero non sabemos aínda o que vai pasar. Hai moita incerteza. Hai que ser cautos.

A realidade do Camiño

“Día tras día, tarde e mañán a choiva non frea o meu soñar” ¿unha lección de vida?

Evidentemente canto ti empezas a facer o camiño é como cando ti comezas a facer un proxecto e a medida que vas camiñando, sénteste máis forte. Hai fochas e a veces incluso desexas tirar a toalla pero a medida que ves que o vas conseguindo sénteste máis forte e xa nada te pode parar. Quen fai o Camiño de Santiago sabe que non é fácil pois a nosa climatoloxía non é doada.

¿Coñecemos a realidade do Camiño?

Hai tantas realidades do Camiño como persoas que o fan. Persoas con limitacións ou outras dificultades pois cada persoa é unha realidade.

Letra da canción Amencer no Camiño

Cos pés feridos de camiñar
os meus sentidos queren chegar
a alma respira pureza

Abrindo os camiños co amencer
Durmindo as fatigas no meu solpor
Coa maxia, da terra galega

Xa se ve Santiago, e o Monte do Gozo,
as pernas coma raios, os pasos saen sós
E peregrino son, para Santiago vou
o vento me leva, o vento me leva

Día tras día, tarde e mañá
a choiva non frea o meu soñar
Horizontes de Compostela

O Xubileo no corazón
ben paga a pena frío e calor
A catedral, agarda coqueta

Xa se ve Santiago, e o Monte do Gozo,
as pernas coma raios, os pasos saen sós.
E peregrino son, para Santiago vou
o vento me leva, o vento me leva

E polas canellas vellas
asubío as miñas penas
e canto…

E polos carrouchos chouto
os soutos bailan cos regatos
coa súa danza
o meu pesar espanto.

E peregrino son, para Santiago vou
o vento me leva, o vento me leva

Entrevista realizada o 24 de febreiro de 2021

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba