Eventos

As mulleres na poesía ourensá

O recital As mulleres na poesía ourensá, chega este domingo ó escenario do Liceo de Ourense da man da actriz e directora Lucía Álvarez.

Dentro do ciclo Ourense Universo Literario, Lucía Álvarez pon o acento sobre o papel que as mulleres teñen realizado na poesía de Ourense. Un papel de gran importancia e que na maioría de ocasións non ten a transcendencia merecida.

As mulleres na poesía ourensá

Durante o recital que a actriz Lucía Álvarez levará a cabo, os asistentes poderán facer un percorrido pola obra de varias mulleres que deixaron e están a deixar unha importante pegada literaria.

Dentro da intensa actividade profesional que leva a cabo esta artista natural de San Xoán de Río, existe un espazo para a recuperación e promoción dos tesouros que agocha a provincia de Ourense. Actualmente, Lucía Álvarez atópase rodando unha produción audiovisual sobre a espada de Mouruás, Un obxecto de 3.000 anos de antigüidade.

As mulleres na poesía ourensá

Recital «As mulleres na poesía ourensá»

  • Lugar: Liceo de Ourense
  • Día: 3 de outubro
  • Hora: 20:30h

Para acudir ó recital, será preciso reservar unha invitación na secretaría do Liceo de Ourense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.