As piscinas de Toén abrirán o 1 de xullo segundo anunciou o concello e ofertará bonos con prezos moi económicos.
A proximidade coa cidade de Ourense fai das piscinas do concello de Toén un bo lugar ó que acudir na temporada de verán.
As piscinas de Toén abrirán o 1 de xullo
As instalacións municipais entrarán en funcionamento o 1 de xullo e para facer uso do servizo pode mercarse unha entrada diaria ou bonos con prezos reducidos.
Para adquirir os bonos, as persoas empadroadas terán que facer a solicitude antes do 27 de xuño. O impreso de inscrición e o xustificante de ter realizado o pago entregarase nas oficinas municipais. Será a partir do 30 de xuño cando os inscritos poderán recoller os seus abonos nas dependencias municipais.
Prezo dos abonos nas piscinas de Toén
Os prezos dos abonos que os veciños e veciñas de Toén terán que abonar para facer uso das piscinas municipais serán:
- 18€ – Abono familiar
- 10€ – Abono Adultos
- 3€ – Abono menores (4 a 15 anos)
Para os non empadroados, o prezo dos abonos é:
- 15€ – Bono para 15 días
- 8€ – Bono para 7 días