Deportes

Athlos organiza o V Campus de Verán de bádminton

O clube Athlos organiza o V Campus de Verán de Bádminton inclusivo entre os meses de xuño e xullo de 2022 no IES Otero Pedraio.

Desde o 27 de xuño ó 1 de xullo, o bádminton invadirá as instalacións deportivas do IES Otero Pedraio de Ourense da man do clube Athlos.

Athlos organiza o V Campus de Verán de bádminton

O campus de verán que organiza athlos reunirá un ano máis a decenas de deportistas que gozarán da práctica deportiva durante cinco días. En horario de 9 a 14h, un grupo de adestradores e monitores titulados impartirán actividades deportivas variadas sendo o bádminton o elemento central do encontro.

Athlos organiza o V Campus de Verán de bádminton

Información do V Campus de Bádminton

  • Datas: do 27 de xuño ó 1 de xullo de 2022
  • Horario: 9 a 14 horas.
  • Lugar: IES Otero Pedrayo (Ourense)
  • Organiza: Clube Athlos

Prezo do campus

  • 60 euros por participante
  • 100 euros para dous irmáns (50 cada un)
  • 135 euros para tres irmáns (45 cada un)

Inscrición no campus de verán

Información: 678770171 (solo whatsapp) y info.clubathlos@gmail.com

Escuela de Música en Ourense

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Botón volver arriba