Noticias

Atopada unha Placa Sueva en Moreiras

Nos primeiros meses do ano 2020, foi atopada unha placa sueva nas inmediacións da localidade de San Pedro de Moreiras (Toén).

Difícil de imaxinar que un membro da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén puidese atopar un valioso obxecto por causa do azar. No transcurso duns traballos agrarios, esta persoa atopou unha placa de bronce que presentaba varios gravados.

Atopada unha Placa Sueva en Moreiras

Para poder verificar a orixe de tal peza, produciuse o contacto con arqueólogo Carlos Tejerizo. Esta afamado investigador, membro de «Sputnik labrego», fixo as primeiras valoracións do obxecto e situouno na época sueva-visigótica.

Atopada unha Placa Sueva en Moreiras

Coa finalidade de dar maior rigor ó proceso de investigación, foron enviadas unhas fotografías a unha das persoas que mellor coñece o legado da época sueva. Jorge López Quiroga, responsable da exposición «In Tempore Suevorum» fixou a orixe da peza en torno ós séculos VII-VIII. Estariamos ante unha fibela con decoración liriforme. Estas decoracións eran propias dos suevos que se asentaron en Galicia durante eses séculos.

Tras autenticar a orixe e importancia da peza atopada, esta placa de bronce foi entregada a patrimonio. Será agora esta institución a responsable da conservación e estudio da mesma.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba