Noticias

O PSdeG reivindica os investimentos no rural ourensán

O PSdeG-PSOE de Ourense reivindica o compromiso do Goberno central coa loita contra a despoboación e reclama máis servizos públicos nos municipios do interior.

«Vivir nunha aldea debe ser un dereito, non unha desvantaxe«, defendeu a candidata socialista ao Congreso, Carmen Rodríguez Dacosta.

O PSdeG reivindica os investimentos no rural ourensán

A representante destacou que o Executivo de Pedro Sánchez mobilizou máis de 13.000 millóns de euros entre 2021 e 2024 para combater o reto demográfico. Na provincia de Ourense, cinco proxectos recibiron propostas de axudas por un total de 1.061.342,99 euros.

O PSdeG reivindica os investimentos no rural ourensán
Foto: PSOE.

Trátase de Conecta Rural Ourense, da Deputación (297.403 euros); os espazos comúns de Nogueira de Ramuín (180.000); o parque empresarial de Avión (199.999,99); Muimenta, en Carballeda de Avia (190.440); e o Agroparque da Peroxa (193.500).

Pola súa banda, o candidato ao Senado, Brian Diz, reclamou máis servizos de sanidade, dependencia, educación e transporte para garantir oportunidades no rural. Tamén responsabilizou á Xunta das carencias nestes ámbitos e lembrou que as comunidades autónomas recibiron 300.000 millóns de euros máis desde 2018 que durante a etapa de Mariano Rajoy.

As declaracións producíronse durante unha xornada de campaña en Viana do Bolo e Riós, onde a candidatura socialista realizou repartos informativos e encontros coa veciñanza. Os socialistas aproveitaron as visitas para pedir o voto nas eleccións do 29 de novembro.

Botón volver arriba