Noticias

O BNG pide no Parlamento a reapertura do Complexo de Monterrei

O BNG pide no Parlamento de Galicia a reapertura do Complexo de Monterrei que permanece pechado desde fai dous anos para a súa conversión en Parque acuático.

Iago Tabarés, deputado por Ourense, foi o responsable de realizar a petición no Parlamento de Galicia para a reapertura das instalacións de Monterrei.

O BNG pide no Parlamento a reapertura do Complexo de Monterrei

«O 20 de setembro de 2021 a Xunta de Galiza, por medio da Secretaría Xeral para o Deporte daquela directamente dependente da Presidencia do Goberno, formalizou o contrato de obras para a construción da 1ª fase do Parque acuático por un importe de máis de 4,7 millóns de euros, IVE incluído, e cun prazo de execución de 8 meses» indicou Tabarés.

Acompañado polo concelleiro do BNG no Pereiro de Aguiar, Rubén García, Tabarés denunciou que «transcorridos máis de 8 meses dende a formalización do contrato, a Xunta, por desencontros coa adxudicataria, anunciou a resolución do mesmo, así como que as piscinas do Complexo de Monterrei ían estar pechadas durante todo o verán».

O BNG pide no Parlamento a reapertura do Complexo de Monterrei
Foto: BNG de Ourense

Tras resolver o primeiro contrato, a Xunta adxudicou de novo as obras en xaneiro de 2023 cun prazo de execución de 6 meses e un orzamento de 5.676.246,97 € IVE incluído. Este prazo tamén se incumpriu e se sinalou o mes de agosto como data de apertura dunha parte do complexo acuático.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.