Noticias

O BNG solicita investigar o estado da rede de tren en Galicia

O BNG solicita ó goberno da Xunta de Galicia investigar o estado da rede viaria de tren en Galicia tras o accidente sucedido en Vilamartín de Valdeorras.

Un tren de mercadorías perigosas descarrilou o pasado mércores ó seu paso polo concello de Vilamartín de Valdeorras na provincia de Ourense.

O BNG solicita investigar o estado da rede de tren en Galicia

Este suceso foi atendido de inmediato polos servizos de emerxencias que activaron un Plan de accidentes no transporte de mercadorías perigosas.

«Xa en agosto do ano 2020 descarrilaban vagóns dun tren de mercadorías tamén en Valdeorras. Este descarrilamento foi protagonista dunha grande polémica pois ADIF verteu os convois ao río Sil e acabou por ser multada e obrigado á súa retirada. Así mesmo, en xaneiro de 2023 descarrilaron consecutivamente dous trens de mercadorías na liña Santiago-Ourense. Tamén en xaneiro un desprendemento interrompía a circulación de trens en Monforte e en decembro de 2022 acontecía algo semellante na liña da Mariña» sinalou a deputada autonómica Noa Presas.

O BNG solicita investigar o estado da rede de tren en Galicia
Noa Presas. Foto: BNG

Ante este novo accidente ferroviario, o BNG solicita á Xunta de Galicia que poña o foco no «mantemento e as condicións de seguridade das vías galegas«.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.