Noticias

O BNG solicita trasladar a actividade comercial á Praza de Abastos

O grupo municipal do BNG solicita trasladar a actividade comercial dos placeiros e placeiras á Praza de Abastos unha vez rematada a rehabilitación do edificio.

Para o grupo nacionalista, este traslado tamén permitiría recuperar o espazo que actualmente se ocupa na Alameda.

O BNG solicita trasladar a actividade comercial á Praza de Abastos

«O desexo do BNG e penso que o do conxunto da sociedade de Ourense, praceiros e praceiras incluídas, é que o traslado á nova Praza rehabilitada se faga á maior brevidade para liberar de vez e recuperar un espazo tan senlleiro como o da Alameda. Para nós esa é a prioridade», sinala Luís Seara, portavoz do BNG en Ourense.

Tras varios anos de obras, os traballos para rehabilitar a Praza de Abastos nº 1 de Ourense xa remataron. Estas obras presentan algunhas deficiencias que se recollen nun estudo. «O Plan funcional redactado pola arquitecta Paula Feijoo resolve, cun gasto relativamente pequeno, as demandas das praceiras e praceiros para que o seu traslado poida facerse nas mellores condicións posibles» lembra Seara.

O BNG solicita trasladar a actividade comercial á Praza de Abastos
Foto: BNG

Tamén lembran desde a formación nacionalista algunhas das demandas que non foron atendidas. Entre elas figuran «a conexión da Praza coa zona histórica mediante unha pasarela que una a Praza e a rúa do Progreso». Por último e ante esta situación, o BNG entende que non é «unha razón suficiente para que o traslado non se faga».

Botón volver arriba