Noticias

Os Bombeiros Comarcais manteñen a concentración na Praza do Obradoiro

Os Bombeiros Comarcais de Galicia manteñen a concentración indefinida que están a realizar na Praza do Obradoiro desde o pasado venres ás 9 da mañá.

Este novo acto de protesta do colectivo que forman os bombeiros comarcais está obtendo a atención de numerosos visitantes. Persoas de toda Galicia e turistas chegan continuamente á Praza de Obradoiro de Santiago de Compostela.

Os Bombeiros Comarcais manteñen a concentración na Praza do Obradoiro

«As noites non son tan malas polo frío como polo ruído, xa que sempre nos podemos arroupar coa coherencia das nosas reivindicacións» indica José Luis Pareja, membro do comité de folga.

No products found.

Esta «autentica campaña de sensibilización social» permite ós bombeiros comarcais chegar «a unha infinidade de xente que en moitas ocasións manifesta que descoñecían o conflito no que estamos inmersos e cales son as partes implicadas».

Os Bombeiros Comarcais manteñen a concentración na Praza do Obradoiro
Foto: Comite de folga dos Bombeiros Comarcais

Botón volver arriba