Eventos

Cadea humana para salvar as árbores do Xardín do Posío

A asociación ecoloxista Amigas das Árbores convoca a toda a cidadanía ourensá a participar nunha cadea humana arredor do Xardín do Posío o vindeiro xoves 22 de maio ás oito da tarde.

A mobilización quere servir como símbolo de protección e afecto cara este espazo verde emblemático da cidade, actualmente ameazado polas obras de reforma integral.

Cadea humana para salvar as árbores do Xardín do Posío

Segundo denuncia o colectivo, os traballos están a supoñer a talla pola base de polo menos 25 árbores centenarias, o que consideran un atentado ambiental e patrimonial. As participantes queren facer visíbel a súa oposición a esta destrución e reclamar un futuro sustentábel para o parque.

Veciños e veciñas do barrio e doutros puntos de Ourense sumáronse xa á convocatoria, esixindo ao Concello explicacións claras sobre o grao de cumprimento do proxecto aprobado. Reivindican garantías de que as obras están sendo supervisadas por técnicos municipais competentes, incluíndo especialistas en arqueoloxía, dada a relevancia histórica do lugar.

Cadea humana para salvar as árbores do Xardín do Posío

A desconfianza cidadá medrou tras coñecerse casos anteriores nos que a tala de árbores e a alteración doutros espazos verdes foi xustificada a posteriori, sen diálogo previo coa veciñanza. Por iso, denuncian unha posible estratexia de feitos consumados e demandan transparencia e participación na protección do patrimonio natural da cidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.