Noticias

A cafetería do Xardín Xaponés volve ó centro do debate

A cafetería situada no Xardín Xaponés volve ó centro do debate tras publicarse a resolución do contrato que estaba en vigor desde 2020.

Foi no mes de setembro de 2020 cando unha empresa lograba a concesión para explotar estas instalacións municipais.

A cafetería do Xardín Xaponés volve ó centro do debate

No mes de abril, o grupo municipal do BNG denunciaba a cesión a un terceiro para a explotación da cafetería. «Da información e dos informes técnicos aos que tivemos acceso, despréndense irregularidades e incumprimentos do contrato que mesmo chegan á cesión irregular a terceiros da explotación do establecemento».

A cafetería do Xardín Xaponés volve ó centro do debate

Foi tras esta denuncia cando o concello iniciaba os trámites necesarios para rescatar esta concesión municipal. Esas xestións remataron esta semana coa publicación da resolución do contrato na Plataforma de Contratación do Estado.

Ante a actual situación, desde o BNG preguntan ó goberno local «como pensan proceder xa que a día de hoxe hai unha empresa que está explotando a cafetería sen que medie ningún contrato entre o Concello e dita empresa».

Back to top button