A localidade do Carballiño celebra o seu primeiro Nadal Coral coa participación de voces de todas as idades que encheron o Templo da Veracruz.
O Orfeón do Carballiño organizou a I edición do «Nadal Coral» para celebrar a chegada destas datas tan sinaladas nas que a música é unha protagonista esencial.
O Carballiño celebra o seu primeiro Nadal Coral
Coa colaboración da Parroquia do Carballiño, os responsables do Orfeón organizaron este acto no que participaron cativos e maiores. Acompañados de varios instrumentistas, as voces dos participantes resoaron no Templo da Veracruz para mostrar un excelente traballo realizado durante os últimos meses.
Ademais do Orfeón do Carballiño, tamén participaron no evento os coros infantís do Conservatorio Profesional de Música do Carballiño, CPI Terras de Maside, CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo e Colexio Plurilingüe Vila do Arenteiro.