O concello de Celanova súmase á campaña «Espazos Sen Fume» que promove a Asociación Contra o Cancro para promover hábitos saudables.
A iniciativa da AECC en Ourense para crear espazos libres do fume do tabaco ten un novo aliado no concello de Celanova. Esta iniciativa persegue a creación de espazos de uso público e colectivo libres de fume para previr enfermidades.
Celanova súmase a Espazos Sen Fume
No acto de presentación desta iniciativa en Celanova estiveron presentes Germán Rodríguez-Saá, presidente de AECC en Ourense, Antonio Puga, alcalde do concello de Celanova, e Teresa Barge, concelleira en Celanova.
A selección deste espazo será votada pola veciñanza a través da web municipal para escoller unha das tres opcións que propón o concello.
- Arredores do centro de saúde e da residencia San Carlos,
- contorna dos pavillóns deportivos,
- piscina municipal.