Eventos

Ourense acolle unha charla divulgativa sobre o gas radon

Ourense acollerá o vindeiro 15 de abril a charla “Gas radon e os seus efectos sobre a saúde. Da medición á solución”, unha iniciativa centrada en informar á cidadanía sobre este risco ambiental e como afrontalo nos fogares.

O encontro celebrarase ás 19:30 h no Centro Cultural Marcos Valcárcel e será de entrada libre.

Ourense acolle unha charla divulgativa sobre o gas radon

A sesión estará impartida por Alberto Ruano Raviña, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela, recoñecido experto neste ámbito.

Ourense acolle unha charla divulgativa sobre o gas radon

Durante a súa intervención explicará de maneira accesible como medir a presenza de gas radon nas vivendas e cales son as medidas máis eficaces para reducir a exposición.

A charla enmárcase nas recomendacións do Código Europeo contra o Cancro, que sinala a importancia de controlar este gas como unha acción clave de prevención. Neste sentido, o evento busca ofrecer ferramentas prácticas e información útil á poboación para actuar fronte a un problema que pode pasar desapercibido.

Desde a organización destacan o carácter divulgativo da actividade e animan á cidadanía a asistir, incidindo en que a información é fundamental para previr riscos e protexer a saúde.

Botón volver arriba