Noticias

Sanitarios e pacientes do CHUO felicitan o Nadal con música

O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) volve felicitar o Nadal cun videoclip musical protagonizado por profesionais sanitarios e pacientes.

Esta iniciativa consolídase como unha das máis emotivas destas datas na área sanitaria ourensá.

Sanitarios e pacientes do CHUO felicitan o Nadal con música

A protagonista nesta edición volver ser Maite López, enfermeira do Banco de Sangue do Hospital Universitario de Ourense, que pon voz á panxoliña “Xunto a ti este Nadal”, unha versión en galego de “Rockin’ Around The Christmas Tree”.

O obxectivo é facer chegar unha mensaxe de ánimo e proximidade a todos os profesionais e pacientes das áreas sanitarias de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

O videoclip foi gravado en distintos servizos do hospital, como Farmacia, Cociña, Banco de Sangue, UCI, Hematoloxía e Medicina Interna, e contou coa participación non só de persoal sanitario, senón tamén de pacientes ingresados, que se implicaron na experiencia con entusiasmo e ilusión.

Publicaciones relacionadas

Desde o CHUO destacan que esta acción busca humanizar o ámbito hospitalario, lembrando que o coidado tamén pasa por crear espazos para a música, a complicidade e os sorrisos compartidos, mesmo dentro dun hospital. A iniciativa pretende reforzar o vínculo entre profesionais e pacientes e achegar o hospital á cidadanía nunha época especialmente significativa.

Botón volver arriba