Comezan as obras da Zona Deportiva que construirá o concello de Barbadás na rúa Paseo dos Amieiros da Valenzá.
Esta infraestrutura permitirá que ós veciños da Valenzá poidan dispor dunha nova zona de deportes que completa a ampla oferta de zonas verdes xa existentes.
As obras desta área deportiva teñen un prazo de execución de tres meses e supoñen unha inversión de máis de 90.000 euros para o concello. Nestes intres, o concello mantén unha intensa actividade de obras na Valenzá coa mellora das beirarrúas en varias rúas ou a construción desta zona deportiva.