Conceden por unanimidade do xurado o 19º Premio Abrente de textos teatrais a Alberto Ramos Ríos polo texto «Os servizos prestados».
Nerea Brey, gañadora do Premio Abrente de 2023, Rubén Porto, actor, Marcos Alonso, membro da Sala Ártika, e Roberto Pascual, Director Artístico da MIT, formaron o xurado da 19ª edición.
Conceden o 19º Premio Abrente de textos teatrais
O xurado do Premio Abrente destaca da obra gañadora o «seu interese social, con posibilidade de xerar debate arredor da explotación e da autoexplotación laboral e o risco que conleva de perda de dereitos da clase traballadora conquistados historicamente».
Esta obra «profundamente reflexiva e de recepción activa» conta con recursos compositivos e a complexidade dos personaxes como principais valores. O gañador do Premio Abrente, Alberto Ramos, gañou o Premio Rafael Dieste no ano 2023.

Coa edición de 2024 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadava xa rematada, tamén se concedeu o Premio do Público. Este galardón recoñece o espectáculo Iribarne da dramaturga Esther Carrodeguas. Esta sátira política recibiu o apoio dun público que apoiou masivamente a 40ª edición da MIT.