O concello de Ourense pagará máis de 300.000 euros en custas xudiciais tralo litixio que comezou en 2014 en relación á compra do edificio Goretti.
305.314,85 euros é a cantidade que terán que asumir as contas do concello de Ourense tras ser desestimada a impugnación realizada.
O concello de Ourense pagará 300.000 euros en custas xudiciais
No ano 2010 o concello adquiriu por 402.000 euros o edificio Goretti. Esta compra realizouse á maioría dos seus propietarios (97,5% do total) pero ó non mercar o 100% non pode facer uso do inmoble. Unha primeira acción xudicial contra o propietario dese 2,5% non prosperou e o concello solicitou a nulidade da compra.
Ese proceso comezou no ano 2014 e finalizou en 2020 cunha sentenza desfavorable ós intereses do concello. As custas do proceso foron impostas á entidade municipal que terá que afrontar o pago de máis de 300.000 euros.