O concello de Ourense perde unha subvención de dous millóns de euros que estaba destinada a financiar o proxecto de marketplace.
Desde o grupo socialista do concello de Ourense advirten da decisión do goberno municipal de devolver a subvención recibida do Ministerio de Comercio.
O concello de Ourense perde unha subvención de dous millóns
«Fai 4 anos vendía a moto da iniciativa á Confederación de Empresarios de Ourense, logo solicitábaa e era concedida polo Goberno de España a e agora di que renuncia a ela por culpa dos traballadores e traballadoras municipais», sinala Natalia González, voceira socialista.
Para González Benéitez, «Este é un exemplo máis de oportunidade perdida para Ourense coa xestión dos Fondos Next Generation. A ineptitude, falta de criterio e xestión do rexedor propician que, nalgún caso, non se aproveiten estas liñas de axudas en materia de vivenda, mobilidade e sostibilidade e, noutros, se perdan unha vez concedidas, nun sector chave como é o apoio ao comercio local da cidade».
Foi o propio alcalde, Pérez Jácome, que anunciou que xa estaba todo preparado en Tesourería para devolver os cartos ó Ministerio.