O Concello de Ourense anunciou esta mañá que dará por concluídas sen acordo as negociacións sobre a Praza de Abastos.
Segundo indicou a administración local nun comunicado, “temos cedido en decenas de parámetros, pero entendemos que hai un punto onde xa se comezaría a danar o interese xeral da cidade de Ourense e do seu patrimonio, e dese punto non podemos pasar”.
O Concello de Ourense rompe as negociacións sobre a Praza de Abastos
O portavoz do BNG no Concello, Luís Seara, expresou a súa sorpresa ante esta decisión e criticou a falta de explicacións por parte do goberno municipal. “Non se ofrece ningún tipo de xustificación sobre cales son esas razóns que, segundo Jácome, poderían danar o interese xeral”, sinalou.

O grupo nacionalista considera que a decisión do Concello prolongará aínda máis o traslado dos praceiros ao novo edificio da Praza de Abastos, retrasando así a recuperación da Alameda. Por este motivo, o BNG solicita a convocatoria dunha Xunta de Portavoces para que o alcalde explique os motivos da súa decisión e os próximos pasos a seguir