A terceira edición deste concurso organizado en Taboadela propón o reto de fotografar A Vida tras o éxito acadado nas dúas primeiras edicións.
Chega o III Concurso fotográfico do Concello de Taboadela e faino cunha proposta ben atractiva. Os participantes nesta edición terán que axustar os seus obxectivos para lograr a mellor instantánea relacionada coa Vida.
Concurso para fotografar A Vida
Desde onte, 15 de marzo, está aberto o prazo de presentación dos traballos. Todos eles serán publicados na páxina de facebook «Taboadela». Os participantes terán que enviar os seus traballos directamente á páxina ou o correo taboadelaou@gmail.com
Información do concurso fotográfico:
- Aberto á participación de toda a poboación (excepto membros do xurado e traballadores municipais),
- Máximo de 3 fotografías por participante,
- Prazo de presentación entre o 15 de marzo e o 30 de maio,
- Establécense tres premios:
1º premio – 200€
2ª premio – 100€
3º premio – 50€ - De todas as fotos presentadas, pasarán á final as 10 máis votadas,
- Das 10 fotografías finalistas, o xurado escollerá as tres fotos premiadas.