Noticias

Convocan o 18º Premio Abrente de textos teatrais

O Concello de Ribadavia e a Mostra de Internacional de Teatro (MIT) convocan o 18º Premio Abrente de textos teatrais que coincide en 2023 cunha efeméride moi especial.

Este ano cúmprese o 50 aniversario da primeira Mostra de Teatro Galego Abrente de Ribadavia. Esa primeira edición permitiu que Ribadavia se convertera co paso dos anos nun referente das Artes Escénicas en Galicia.

Convocan o 18º Premio Abrente de textos teatrais

A celebración da MIT entre os días 15 e 23 de xullo de 2023 ten na convocatoria deste Premio un dos primeiros pasos. Consolidado como un dos mellores certames de creación teatral, o Premio Abrente é unha ferramenta decisiva para o fomento do proceso creativo en concordancia co espítitu e o sentir da Mostra Internacional de Teatro.

Convocan o 18º Premio Abrente de textos teatrais

O premio económico da 18ª edición ascende a 3.500€. O gañador tamén verá publicada e divulgada a súa obra e recibirá apoio para poder levar á escena o seu texto.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.