Noticias

Críticas polo peche do parque acuático de Monterrei

A visita de membros do PSdeG-PSOE de Ourense finalizou con numerosas críticas polo peche do parque acuático de Monterrei (O Pereiro de Aguiar).

No verán de 2022 estaba prevista a finalización da primeira fase do Parque Acuático de Monterrei. Trala renovación da zona deportiva, a inversión na zona de piscinas estaba deseñada en tres fases.

Críticas polo peche do parque acuático de Monterrei

Xa fai uns meses que as obras da primeira fase están paralizadas. O «abandono e parálise total» no que se atopan as obras foi unha crítica unánime dos representantes socialistas. Piden á Xunta de Galicia «solucións urxentes» para unha situación que suporá a ausencia dunhas instalacións de gran demanda en Ourense.

Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial do partido, Carmen Rodríguez, deputada autonómica e Jorge Gutierrez, voceiro socialista no concello de Pereiro acudiron a comprobar o estado das instalacións. «Atopámonos coas instalacións pechadas en pleno verán» sinala Jorge Gutierrez.

Críticas polo peche do parque acuático de Monterrei

Os cálculos sitúan en 70.000 persoas as que cada ano facían uso destas instalacións. Esa cifra é un bo indicador para valorar o que suporá o seu peche.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba