Noticias

Críticas á Xunta polo peche dunha escola infantil en Ourense

Nos últimos días, veciños e colectivos de Ourense expresaron a súa preocupación ante dúas decisións do goberno da Xunta de Galicia.

Estas decisións son o peche da escola infantil «A Casiña«, no barrio de As Lagoas, e a inminente demolición para a reforma integral do CIS Nóvoa Santos, na rúa Xoán XXIII.

Críticas á Xunta polo peche dunha escola infantil en Ourense

O grupo municipal socialista presentará unha iniciativa no pleno de abril para instar á Xunta a:

  • garantir a continuidade da escola e
  • coordinar de forma eficaz a reorganización da atención sanitaria.

A voceira socialista no Concello, Natalia González, denunciou que a cidade arrastra un déficit de máis de 150 prazas en Educación Infantil. Lembrou tamén que a Xunta devolveu 22 millóns de euros de fondos europeos destinados á creación de 3.200 prazas para nenos de 0 a 3 anos en Galicia. «Non só queremos evitar o peche, senón que se amplíe a oferta educativa na cidade«, afirmou.

Críticas á Xunta polo peche dunha escola infantil en Ourense

No ámbito sanitario, o PSdeG reclama que a Xunta se coordine coas partes afectadas para reorganizar a atención dos pacientes do CIS Nóvoa Santos durante as obras. Tamén pide ao Concello que reforce o transporte urbano ante o previsible incremento de usuarios no centro de saúde de O Couto. Este centro pasará de atender 9.500 persoas a case 19.000.

«Esta decisión afecta case o 30% da poboación de Ourense e foi tomada sen consenso, xerando un grave problema sanitario e de mobilidade«, advertiu González.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.