Deportes

Allariz forma a novos voluntarios náuticos

Allariz acolleu esta fin de semana o curso básico de Voluntariado Náutico da provincia de Ourense, organizado pola Federación Galega de Piragüismo coa colaboración do Concello de Allariz e o patrocinio da Xunta de Galicia.

A iniciativa, integrada no programa “Padexa con Nós”, busca crear a primeira Rede Galega de Voluntariado Náutico Seguro, orientada á prevención de accidentes, primeiros auxilios e rescate en contornas deportivas acuáticas.

Allariz forma a novos voluntarios náuticos

O curso, único que se celebra este ano na provincia de Ourense, contou con 15 horas de formación sobre prevención de riscos, RCP e uso do DEA, ademais de técnicas básicas de rescate en probas náuticas.

Allariz forma a novos voluntarios náuticos
Foto: Federación Galega de Piragüismo

A totalidade das prazas ofertadas completouse, e a Federación xa ofreceu ás persoas en lista de espera a posibilidade de participar na próxima convocatoria en Lugo. O alumnado tamén poderá continuar a súa preparación cun curso superior no centro “Suso Morlán” de Pontevedra.

Botón volver arriba