Noticias

Denuncian o peche do Balneario de Río Caldo

Os membros da agrupación socialista de Lobios denuncian o peche do Balneario de Río Caldo durante os próximos meses e os prexuízos que supón esta medida.

Desde hoxe, 4 de decembro, e ata o mes de marzo, as instalacións do Balneario de Lobios estarán pechadas. Esta situación non é nova pois en anos anteriores tamén cesaba a actividade durante o inverno.

Denuncian o peche do Balneario de Río Caldo

Os integrantes da PSdeG-PSOE de Lobios critican esta medida. Na súa opinión, lamentan que «as instalacións termais volvan a pechar, unha decisión que consideran fatal para os traballadores, traballadoras, os negocios e a veciñanza do municipio». A Fundación San Rosendo, mediante a cadea Caldaria, é a responsable da concesión do balneario.

Denuncian o peche do Balneario de Río Caldo
Imaxe do Balneario de Río Caldo

Os primeiros afectados pola medida son os traballadores que «terán que desprazarse durante os meses de peche ata outros balnearios da cadea». Nalgúns casos, «tendo que percorrer arredor de 160 quilómetros diarios (ida e volta) para desprazarse dos seus domicilios aos postos de traballo e viceversa». Gasto en combustible e horas de desprazamento son os prexuízos máis inmediatos que van sufrir estes traballadores. Algúns traballadores estudan solicitar a conversión dos seus contratos de indefinidos a fixos descontinuos.

Iván Rouco, secretario local da agrupación Socialista de Lobios, indica que «a inactividade do principal motor termal e, por conseguinte, turístico do Concello supón un grave prexuízo social e económico a Lobios». Durante os meses nos que as instalacións estarán pechadas «perden os negocios de Río Caldo e do resto do municipio».

Botón volver arriba