A Deputación de Ourense asumirá o custe da expedición humanitaria que o concello de Maceda fixo nos últimos días para traer persoas desde Ucraína.
Unha das accións máis destacadas de apoio ás persoas que escapan da guerra de Ucraína foi a que levaron a cabo desde Maceda.
A Deputación asumirá a expedición humanitaria de Maceda
Unha expedición encabezada polo propio alcalde de Maceda, Rubén Quintas, foi ata a fronteira con Ucraína para levar material de axuda. Ademais da colaboración material, trouxeron a Maceda a 20 persoas (nove nenos e once mulleres) que fuxían da guerra que asola o seu país
Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, compromete unha achega económica que permita sufragar o custe desta expedición. «Manuel Baltar estivo pendente deste convoi dende o minuto un, colaborando e atento para que todo saíse ben, como así está ocorrendo», indica Rubén Quintas.