Noticias

A Deputación de Ourense abre prazo para solicitar axudas do Programa ChegOU

A Deputación de Ourense vén de abrir o prazo para solicitar as axudas do Programa ChegOU, destinado a fomentar a natalidade.

Este ano incorpóranse novos criterios, tendo en conta o grao de discapacidade dos proxenitores e a condición de familia numerosa, permitindo que as achegas varíen entre 300 e 1.250 euros.

A Deputación de Ourense abre prazo para solicitar axudas do Programa ChegOU

As persoas beneficiarias recibirán a tarxeta prepago ChegOU, válida ata o 31 de maio de 2026, para compras en farmacias, parafarmacias e, como novidade, en centros ópticos, de audición e ortopedias. Esta ampliación busca facilitar a crianza e o coidado dos recén nacidos.

O programa conta cun orzamento de 400.000 euros e está dirixido a proxenitores de menores nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025, así como a adoptantes e titores. O prazo de solicitude finaliza o último día do ano.

As contías varían en función do grao de reto demográfico do concello (300 a 500 euros), a discapacidade da persoa solicitante (750 ou 1.000 euros) e a condición de familia numerosa, que implica un incremento de 250 euros.

Sinatura por voz para facilitar a tramitación

Co obxectivo de reducir a exclusión dixital, a Deputación permite realizar a solicitude mediante sinatura biométrica vocal. A través do teléfono móbil, sen necesidade de certificado dixital, os solicitantes poderán xestionar a axuda con asistencia dun empregado público.

As nais que dean a luz poderán tramitar a axuda desde a súa habitación do hospital a través dun dispositivo electrónico facilitado pola Deputación. O persoal técnico coordinará os horarios para que as solicitantes poidan completar o proceso en tempo real, asinando coa súa voz. A tarxeta ChegOU seralles enviada ao domicilio nun prazo máximo de sete días hábiles.

A primeira beneficiaria deste método foi Stefannya, que solicitou a axuda horas despois de dar a luz a Luca no CHUO, asinando dixitalmente por voz e recibindo a confirmación no seu móbil en tempo real.

A Deputación de Ourense abre prazo para solicitar axudas do Programa ChegOU
Foto: Deputación de Ourense

Alternativas para a tramitación

Tamén se habilita un servizo de xestión telefónica sen certificado dixital. Os proxenitores poden solicitar cita chamando ao 988 317 766, recibindo un enlace por correo ou WhatsApp para completar a solicitude cun empregado público. Ao finalizar, recibirán unha copia rexistrada da petición.

Esta innovación permite unha tramitación máis accesible, garantindo que ningunha familia quede excluída por barreiras tecnolóxicas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.