Son moitas as dúbidas que ten o BNG sobre a fonte inaugurada recentemente nos Remedios e que foi cualificada como «termal» pola Conselleira Ethel Vázquez.
Luis Sera, candidato do BNG á alcaldía no concello de Ourense indica que «non nos consta a existencia dos permisos por parte de minas da Xunta de Galiza así como a declaración mineromedicinal das augas nin os pertinentes informes sanitarios».
Dúbidas sobre a fonte inaugurada nos Remedios
A falta de información sobre esta fonte fai que xurdan preguntas sobre «que tipo de agua bota, cales son as súas propiedades e mesmo se é apta para o consumo ou non xa que a día de hoxe, na fonte, non hai ningunha sinalización sobre se é potable ou non e mesmo sobre cales son as propiedades da mesma no caso de que sexa termal».