Noticias

Eladio Santos felicita ós propietarios das Bodegas A Tapada

Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense, felicita ós propietarios das Bodegas A Tapada polo recente éxito acadado a nivel nacional.

Senén e Carmen Guitián, propietarios da Bodega, gañaron o Premio Alimentos de España ó Mellor Viño Branco por «Guitián Fermentado en Barrica 2022».

Eladio Santos felicita ós propietarios das Bodegas A Tapada

Eladio Santos indicou que «o Premio Alimentos de España concédese despois de pasar unhas probas moi esixentes, cun xurado de elevado prestixio e como recoñecemento ao traballo, calidade e innovación de Bodegas A Tapada». Santos destacou a importancia deste adega «na recuperación da variedade de Godello».

No fallo do xurado indícase que o viño premiado «é de entrada ampla e agradable, de paso sedoso con marcadas sensacións cítricas. É complexo e elegante, cun final longo e persistente. Conta, ademais, cunha moi boa intensidade aromática con predominio de froita branca e cítrica».

Eladio Santos felicita ós propietarios das Bodegas A Tapada
Foto: Subdelegación do Goberno

Eladio Santos visitou a Bodega e mostrou a súa confianza para que «este recoñecemento impulse non só a esta adega, senón a todos os viños da DO Valdeorras, así como ás outras tres denominacións de orixe da provincia«.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.