Noticias

Eladio Santos visita a cárcere de Pereiro de Aguiar

Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense, visita a cárcere de Pereiro de Aguiar dentro da rolda de contactos coas administracións dependentes da Administración Xeral do Estado.

As visitas que o subdelegado do Goberno está realizando ás distintas administracións permítenlle coñecer de primeira man as necesidades existentes e o traballo que realizan.

Eladio Santos visita a cárcere de Pereiro de Aguiar

Na visita ó Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, Eladio Santos estivo acompañado polo director do centro, Francisco González Pérez. Na actualidade, esta institución acolle a 260 internos.

Eladio Santos visita a cárcere de Pereiro de Aguiar
Foto: Subdelegación do Goberno

A labor de rehabilitación que se realiza neste centro mediante plans de reinserción, programas de tratamento ou cursos de formación centraron a atención de Eladio Santos que tamén escoitou as demandas dos traballadores do centro.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.